O programa de rutas xeoculturais que organiza a Concellería de Cultura remata reste domingo 23 cunha ruta periurbana con saída dende a praia da Punta para explorar a zona costeira. Poden participar todas as persoas que o desexen acudindo ás 10:30 horas da mañá á praia de Cesantes dende onde partirá a camiñata.
O punto de partida desta ruta é a Praia da Punta de Cesantes. Dende alí partirase ás 10:30 horas da mañá para explorar a zona costeira de Redondela e o complexo intermareal. Da súa estrutura poderase aprender a acción conxunta da tectónica, os efectos dos cambios climáticos e a constante erosión dos ríos e tamén formular algunha hipótese de cara o futuro para conservar este rico patrimonio natural. Unha actividade que coordina a empresa Olho de Sapo.