A Agrupación de Electores traslada ao pleno de mañá unha petición da asociación Ecoloxistas en acción na que se solicita que se prohiba no termo municipal a instalación de circos que utilicen animais nos espectáculos e a exhibición de animais salvaxes en catividade, xa sexa en instalacións itinerantes, na vía, noutros espazos públicos ou centros comerciais.
Unha petición que chega ao pleno atendendo ao sufrimento que estes animais padecen xa que os seus adestramentos no caso dos circos adoitan estar baseados en prácticas crueis nas que se emprega o maltrato físico. Son animais que pasan a maior parte da súa vida amarrados ou pechados en gaiolas, nas que case non poden moverse cando se trata de especies que en liberdade poden percorrer habitualmente decenas de quilómetros ao día. Así mesmo, moitos deles foron capturados do medio natural, substituíndo a súa forma de vida en liberdade pola catividade e unha forma antinatural de vida.
Lembran ademais na moción que afortunadamente cada vez son máis os municipios e cidades que prohiben este tipo de espectáculos e reclaman que Redondela se sume á esta lista de localidades
Na moción reclaman tamén que Redondela inste á Xunta a que a prohibición se estenda a todos o territorio da comunidade.