Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello reclamará á Deputación a mellora da estrada da Teixeira no Viso

RR_Noticias

A demanda do Consello parroquial do Viso contou co apoio de todos os grupos da corporación e pasa por reclamarlle á Deputación de Pontevedra que proceda a arranxar a estrada da Teixeira, dende as inmediacións do Colexio de Cesantes ata o Alto do Viso. Concretamente solicítase a construcción de beirarrúas, a dotación de pasos de peóns elevados e a mellora da sinalización na contorna do colexio público. O BNG estima que a actuación precisa dun investimento de 300.000 euros.

Un representante do Consello parroquial Manuel Freire Collazo era o encargado de achegar ao pleno as demandas dos veciños encamiñadas a mellorar a seguridade vial nesta parroquia e concretamente en lugares tan sensibles como as inmediacións do colexio público. Explican os veciños que estas medidas son “moi necesarias polo risco que supón o tránsito rodado”.
Unha petición que contou co apoio de todos os grupos quen lembraron que se trata dunha demanda histórica da parroquia que en numerosas ocasións foi tratada xa en pleno.
Os nacionalistas acusaron ao goberno local de “deixación de funcións durante este mandado” por non elaborar un plan de tráfico e non xestionar coa Deputación a adopción das melloras na seguridade vial neste lugar. Solicitan dende o Bloque unha partida de 300.000 euros para esta obra ao organismo provincial.
No mesmo sentido se manifestada o socialistas Eduardo Reguera quen aproveitaba para acusar á Deputación de “dar as axudas dun xeito caciquil e esquecerse de Redondela cando era gobernada por PSOE e BNG mentres só “financian obras en concello gobernados polo PP”.
O popular Arturo González, aseguraba que dende o goberno local xa se están a facer xestións de cara a mellorar a seguridade vial na Teixeira.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará