Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un gol de Carnero dilúe as opcións do Choco

RR_Noticias

Partido moi igualado e pelexado o disputado en Santa Mariña. Finalmente o Pontevedra fíxose coa vitoria cun único gol de Carnero na segunda metade. Os granates son agora máis líderes e o Choco ocupa a terceira praza, cos mesmos puntos que o Cerceda, que é segundo.

Terceira División
Choco 0- 1 Pontevedra
Partido de extrema igualdade e moito traballo ofensivo. Os dous equipos fixeron gala tamén dun sistema defensivo forte e ben plantado, o que provocou que o partido de onte en Santa Mariña estivo marcado polas escasas ocasións, aínda que tivo intensidade. O Pontevedra foi o que exerceu un maior dominio, pero sen logar xerar ocasións claras ante Cortegoso mentres que o Choco tampouco tivo a capacidade para xerar perigo ante Edu. O descanso facilitou os axustes no equipo granate, que tratou de imprimir un maior ritmo ao seu fútbol. Conseguiuno durante moitas fases do mesmo, pero estivo preto de observar como o Choco se adiantaba. Unha boa acción de Yago Vázquez terminou cun remate ao pau e, acto seguido, o Pontevedra tivo a súa opción por medio de Jorge que, libre de marca, cabeceou ao centro da portaría e facilitou a parada de Cortegoso. Eran minutos nos que o equipo visitante apertou aos de Jacobo Montes. Moitas chegadas, balóns á área e dificultade para defender. Con todo, conseguíao o Choco sen conceder opcións claras, ata que unha internada de Anxo terminou cun balón á área varios rexeites e o definitivo caeu en pés de Pablo Carneiro. O dianteiro atopou o balón que necesitaba para desnivelar o marcador e incrementar a vantaxe do seu equipo á fronte da clasificación de Terceira División. Jacobo Montes reaccionou rápido en busca de solucións e cambiou todo o centro do campo. Comis e Fernando para tratar de xerar máis perigo ante un Pontevedra que deu un paso atrás para evitar calquera tipo de risco.
O Choco tentouno, tratou de chegar por todas as vías posibles, pero careceu de argumentos para equilibrar o partido. Con este resultado, o Pontevedra amplía a súa vantaxe no liderado e xa dispón de catro puntos de renda sobre o Cerceda e o equipo de Redondela, igualados na segunda e terceira praza. Cuarto é agora o Sanxenxo. A próxima fin de semana o Choco xogará no campo do Bergantiños, da metade da táboa.
Segunda Autonómica

Gondomar 2-4 Choco B
Partido tolo en Gondomar, no que se adiantou o filial do Choco, aínda que os locais daríanlle a volta ao marcador na primeira metade, empatando os redondeláns antes do descanso. Na segunda metade impúxose a pegada do Choco B, que con dous goles sentenciaría o partido. Escala así o Choco B ata a 2ª posición do grupo, e disputará o domingo un interesante encontro diante do S.Miguel, que é 4º, só un punto por detrás dos redondeláns.
Vilagarcía 2-1 Arcade
O Arcade segue afundido na metade baixa da táboa logo da derrota no campo do Vilagarcía, que se mantén 2º do grupo. Na próxima xornada reciben ao S.Martín, da parte alta da clasificación.
Terceira Autonómica

Marín 2-0 Cesantes
O Cesantes non puido co Marín, e cae á metade baixa da táboa. Na próxima xornada reciben ao At.Estación, equipo duro situado na segunda posición do grupo.
Fortuna Vigo-Chapela
Suspendido. Na próxima xornada o Chapela descansa
Beretes Chapela, descansou. O domingo xoga no campo do Casablanca, co que están empatados a puntos na metade da táboa.
Areas B 1-3 Vilar
O Vilar foi superior ao Cultural Areas, e afástase da parte baixa da táboa. O próximo domingo descansa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará