Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os comercios de Redondela celebran o Black Friday con descontos de ata o 50%

RR_Noticias

Comercios de alimentación e fotografía, establecementos de roupa e calzado, xogueterías e así ata medio cento de comercios ofertarán aos seus cliente descontos que van dende un 20 ata un 50% nos seus produtos. Un “venres negro” que se celebra en Redondela mañá día 5 e que permitirá aos clientes facer as súas compras ata as dez da noite.

O venres negro ou Black Friday tamén se celebra este ano en Redondela. A famosa celebración norteamericana que marca o inicio das vendas do Nadal ten tamén a súa versión no noso concello coa participación de medio cento de comercios que ofrecerán os seus clientes a oportunidade de adquirir diferentes productos con descontos que van dende un 20 ata un 50%. Comercios de moda, alimentación, moblerías, zapaterías, tendas especializadas en agasallos e fotografía e así ata un total de cincuenta comercios sumáronse a esta iniciativa da Asociación de Empresarios, segundo nos explicaba o seu presidente Fernando Sampil. Unha xornada de compras coa que os comercios queren pasar os números vermellos que normalmente deixan as baixas vendas do mes de novembro a número negros, é dicir, en positivo.  

Fernando Sampil Presidente Empresarios
Fálanos dos inicios desta tradición norteamericana
Descontos importantes
Van do 20 ao 50%

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará