Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello retira o polémico colector instalado na praia da Punta en Cesantes

RR_Noticias

Operarios municipais procederon na mañá de hoxe a retirar a instalación logo de que así se acordase nun consello parroquial extraordinario. O colector está xa ubicado detrás da nave do club de remo. Aínda que o seu uso será o de albergar cursos relacionados cos deportes acuáticos polo de agora será empregado polos remeiros para gardar os enseres do club. Ofreceráselles tamén ás mariscadoras para que o poidan empregar como vestiario.

Na mañá de hoxe operarios municipais procedían a trasladar de ubicación o polémico colector instalado ata o de agora a pe de praia. Unha infraestrutura propiedade do concello que foi motivo de debate en sesión plenaria e na que se acordou que sería o Consello parroquial de Cesantes o encargado de decidir ou propoñer unha ubicación definitiva para o colector. Finalmente os membros do consello decidiron que era o máis axeitado colocalo xusto detrás do galpón do club de remo, un lugar con menor impacto visual.  
O colector, de grandes dimensións, foi motivo de polémica dende que se instalara no lugar hai ano e medio co obxecto de gardar o material empregado nun curso de formación que se desenvolveu na praia da Punta. Logo de que o concello o adquirise por 5.000 euros para o “futuro desenvolvemento de actividades relacionadas co mar” en palabras da edil de facenda, Ana Alonso, acordouse negociar coas asociacións presentes no consello parroquial de Cesantes unha ubicación máis axeitada e con menor impacto nun lugar tan sensible como é o areal da Punta.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará