A nacionalista Cecilia Pérez considera que o goberno de Javier Bas víuse obrigado a retiralo pola proximidade electoral xa que ao seu entender “en ningún momento quixeron contar coa participación do Consello Parroquial, xa que nin o levaron a debate cando se instalou no areal nin cando se mercou por 5.000€”.
Destaca o BNG que “non podemos máis que valorar positivamente a retirada do contedor, despois de que llo pedíramos por escrito ao alcalde en varias ocasións dende que se rematara o curso en turismo náutico hai un ano”. Logo de escoitar a defensa que en pleno fixeran os populares do seu mantemento na zona da praia entende a voceira nacionalista que “o goberno municipal non tiña intención de retirar este obstáculo deste entorno privilexiado e que o fixeron por intereses electorais ante a proximidade das municipais. Entende ademais que o investimento de 5.000 euros na adquisición de dito colector “foi tirar cos cartos”.