Co obxectivo de aforrar no consumo e garantir tamén a seguridade a Concellería de Medio ambiente ven de cambiar un total de 130 farois en Quintela. Unha actuación que se completou co cambios daqueles postes que se atopaban en mal estado e a colocación dun cadro novo para toda a zona. A obra ascendeu a case 40.000 euros e está enmarcada dentro do programa de Mellora de Eficiencia Enerxética.
Este cambio, que afectou a un total de 130 luminarias da parroquia de Quintela fíxose a cargo dunha subvención obtida do Fondo de Compensación ambiental da Consellería de Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Ademais dos farois tamén se cambiaron os postes que se atopaban en mal estado e se colocou un cadro novo para toda a zona que comprende o cambio.
Unha actuación enmarcada dentro do proxecto de Eficiencia enerxética que ten dous obxectivos principal: o aforro no consumo e a mellorar das instalación para evitar posibles riscos como que se produza algunha descarga eléctrica. O Custe da obra foi de 39.765,95€