Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Campito Fútbol Sala acumula experiencia e confía na permanencia en Liga Galega

RR_Noticias

Logo da avultada vitoria diante do Baíña, o equipo de Chapela recibe un balón de osíxeno que lle permite afrontar con máis tranquilidade a recta final da primeira volta. A experiencia dos primeiros partidos na categoría está a darlles máis confianza, e tamén mellores resultados na faceta goleadora.

O adestrador, Fran Amoedo, entende que na vitoria en Baiona (1-5) tiveron a sorte que lles faltou noutras ocasións, e agarda que este partido sexa “un punto de inflexión” para seguir medrando. Os xogadores van gañando veteranía na competición, e no último partido “foron prácticos” e conseguiron sumar tres puntos vitais na pelexa por manter a categoría. Amoedo recoñece que o equipo “mellorou moito” desde a súa estrea nesta liga, e os xogadores colleron “o ritmo” da competición. Agora son 10º, e o seu próximo rival será o CD Tui Futsal, 5º, malia ter disputado unha xornada menos. Trátase dun equipo do que Amoedo destaca as súas individualidades, con xogadores que veñen de militar en liga nacional. Despois deste encontro, que se disputará o sábado en Chapela, chegará o descanso de Nadal. Un parón que virá ben ao equipo de Chapela para recuperar algúns xogadores lesionados. Xa en 2015 confían en seguir mellorando o seu rendemento e afastarse definitivamente da parte perigosa da táboa, aínda que temen que a loita por evitar o descenso manterase ata as últimas xornadas.  

Fran Amoedo adestrador
O técnico agarda que o partido de Baiona marque un cambio de tendencia no equipo.
O equipo medra
A piques de rematar a primeira volta Amoedo destaca a madurez do equipo máis adaptado á categoría.
Campito F.S.-C.D. Tui Futsal
O sábado mídense en Chapela ao conxunto tudense do que destacan as súas individualidades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará