Multiplícanse nestas datas as campañas de recollida de alimentos co gallo de espertar a solidariedade dos veciños. Así, todos os que desexen colaborar con Cáritas poden facer as súas doazóns no Multiusos da Xunqueira mentres que en Cesantes o Círculo Cultural recolle tamén alimentos non perecedeiros que serán entregados ao párroco para o seu posterior reparto. Dúas iniciativas que se veñen sumar aos máis de mil kilos de alimentos recollidos polas bibliotecas escolares e municipais dentro da campaña “Libros solidarios”.
O presidente do Círculo Cultural deportivo de Cesantes, Jorge Rodríguez Crespo anima aos veciños a participar dunha campaña organizada conxuntamente coa comisión das Festas do Carme. Unha recollida de alimentos e produtos non perecedeiros que se prolongará ata o vindeiro sábado 20 de decembro. Lembra que por cada produto que se entregue a comisión de festas regala un cartón de 1 euros para participar no seu bingo social. No mesmo sentido, son xa moitos os que fixeron as súas doazón no Belén que estes días se pode ver no Multiusos da Xunqueira. Un nacementos de grandes dimensión obra de José Carlos Otero. Dende o concello animan aos veciños a visitalo e colaborar achegando alimentos, produtos de primeira necesidade ou deixando un donativo nas urnas colocadas para tal fin na propia estrutura do belén, doazóns que serán entregadas na súa totalidade a Cáritas Redondela.