Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As deficiencias na Piscina de Chapela acumulan arranxos por valor superior aos 120.000 euros

RR_Noticias

Problemas de filtracións e desaugadoiros ou o mal funcionamento das caldeiras e a cheminea, son só algúns dos problemas do Centro de Deportes Náuticos de Chapela e que o Concello de Redondela está a solventar. Desde EU denuncian que o edificio é “un desastre de case 6 millóns de euros”. Mentres o goberno local explica que os problemas “fóronse resolvendo” logo de recibir unhas instalacións deficitarias “cun cúmulo de despropósitos”.

Roberto Villar, de EU,  apunta que o cambio da caldeira e os diferentes arranxos que foi preciso acometer nas instalacións supuxeron un elevado custe para o Concello redondelán, por riba dos 120.000 euros. Un “despropósito” do que culpa tanto ao anterior goberno de Xaime Rei, que proxectou e construíu o edificio, como ao actual executivo de Javier Bas, por abrir as instalacións “sen estudos técnicos”. O concelleiro Miguel Ángel Álvarez defende a xestión do goberno local, sinala que recibiron a obra “con numerosas deficiencias” e que o Concello foi facendo fronte aos arranxos. Explica tamén que desde os servizos xurídicos municipais demandaron ás empresa adxudicatarias, Antalsis e Paraxe, para que se fagan cargo dos gastos, pero será complexo xa que están en situación de quebra técnica. Mentres os usuarios seguen a utilizar as instalacións do Centro de Deportes Acuáticos, e amósanse satisfeitos das súas prestacións. Angel e Juan Manuel, veciños de Chapela, salientan que se trata dunhas instalacións modernas e cómodas, e a súa única queixa son os armarios dos vestiarios, xa que non funcionan correctamente. En xeral os usuarios valoran moi positivamente tanto as instalacións deportivas como as actividades que se desenvolven, “moi variadas e adaptadas a cada usuario”, como explica Sandra.    

Roberto Villar
Cualifica a piscina de "despropósito" e culta ao goberno de Xaime Rei como o actual
Concelleiro Miguel Ángel Álvarez
Explica que demandaron ás empresas adxudicatarias para que se fagan cargo dos gastos
Ángel usuario
Satisfeito polas prestaións a única queixa as taquillas
Manuel usuario
Destaca a calidade das instalacións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará