A rehabilitación do viaduto Madrid completouse coa colocación de iluminación nos piares da estrutura. Unha actuación que permiten iluminar o monumento en horario nocturno. As luces, repartidas en corenta focos, permanecerán acendidas todos os días un total de sete horas, dende as seis e media da tarde ata a unha e media da madrugada. A seguinte fase para a posta en valor da ponte pasa, ao entender do goberno local, por lograr construír un paseo peonil.
O viaduto de Redondela é xa un monumento iluminado. Na fin de semana estreábanse as luces que permiten ver a vella infraestrutura. Unha actuación que completa as obras de rehabilitación que se prolongaron durante 18 meses e que consistiron en substituír as pezas que se atopaban en mal estado, pintar a estrutura metálica e limpar os piares, segundo explicaba o arquitecto Jose Romero. A actuación contou cun orzamentos de 3,8 millóns de euros a cargo d a Dirección Xeral de Patrimonio do Estado. O concelleiro de interior, Arturo González valoraba moi positivamente os traballos que garante como mínimo o seu bo estado durante 20 anos máis. Dende o Concello márcanse como obxectivo para continuar coa posta en valor do emblemático monumentos a cosntrucción dunha pasarela que permita percorrer a estrutura. Javier Bas asegura que se están mantendo conversas neses sentido cos responsables de Patrimonio aínda que tamén apunta que se trata dun proxecto a medio longo prazo e que a súa consecución non vai ser doada.