Nenos de entre 6 e 12 anos, a asociación Andaina ou os rapaces do Chan das Pipas pasarán por este centro os días 22, 23, 29 e 30 nunhas xornadas ans que os maiores usuarios deste centro compartirán cos máis novoas as súas experiencias e saberes. A música e os xogos tradicionais servirán para que cativos e maiores compartan o seu tempo neste lugar de encontro.
Esta é a quinta vez que se organizan estas actividades que segundo explica a Traballadora social de Arela, Magali Couñago, é un bo xeito de que os maiores se socialicen e manteñan unha vida activa. Ademais a iniciativa é positiva para todos, os máis pequenos transmiten a súa ledicia e as gañas de aprender, mentres que os maiores comparten a súa experiencia e vivencias. Os encontros desta semana estarán centrados nos xogos, a música e a cociña. Faranse así galletas elaboradas de xeito artesanal e lembraranse os tradicionais cantos de reis e panxoliñas, tan típicas destas datas.