Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O II torneo solidario de fútbol sala “O Cabeiriño” reunirá máis de 800 quilos de comida

RR_Noticias

O Arealonga F.S. organiza por segundo ano este maratón para as caregorías inferiores que se celebrará desde o 26 ata o 30 de decembro. Participarán uns 400 rapaces, desde as categorías pre-benxamíns ata os alevíns. Cada xogador doará dous quilos de comida para Cáritas, e animan aos veciños a achegarse ao pavillón de Cabeiro e participar con esta iniciativa solidaria.

No torneo participan 40 equipos de Redondela, Vigo, Salceda, Mos, Bueu, Cangas e outros puntos da provincia de Pontevedra. Iván Vázquez, presidente do Arealonga F.S., sinala que o ano pasado conseguiron recoller máis de 500 quilos de produtos non perecedoiros que Cáritas Redondela distribuíu entre as familias máis necesitadas. Este ano superarán esa cifra con máis de 800 quilos recollidos.
O club organiza este torneo para os máis pequenos nas vacacións de Nadal, con partidos desde as 10.00 horas ata as 22.00, de xeito continuado. Un xeito de celebrar estas festas logo dun comezo de temporada espectacular para o primeiro equipo, que milita por primeira vez na categoría autonómica. Están na metade da táboa da Liga Galega Norte, logo de gañar ao Xarío, e malia as importantes baixas que acumula o equipo.
Logo do descanso de Nadal volverán á competición o 10 de xaneiro para xogar o último partido da primeira volta. Será na pista do Noia B, un filial situado na parte baixa da táboa, pero do que Vázquer Figueroa non se fía.
Unha vez máis o longo desprazamento será un factor en contra dos de Chapela, que confían en poder militar a próxima temporada na Liga Galega Sur, xunto co Redondela F.S. e o Campito.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará