Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tanxarina arranca o ano con sesión dobre

RR_Noticias

A compañía redondelá pon riba do escenario este domingo no Piñeiral do Crego o seu espectáculo “Contaloucos” a partir das 18.30 horas con entrada de balde. A segunda oportunidade para ver “este tolo espectáculo” cheo de ironía, diversión e actualidade será o día dez de xaneiro no Centro Recreativo de Redondela.

A compañía Tanxaría comeza o ano con moita ilusión e entre os seus coa presentación do seu espectáculo “Contacontos”. Unha obra na que se fusiona o teatro de títeres co traballo actoral e na que se narran dúas historias nun divertido xogo escenográfico cheo de gags imaxinativos e situacións cómicas. Unha guerra, un trasno, o antimilitarismo, o valor da amizade, tres portas e un concurso, sapos e mariñeiros … e unha chea de sorpresas son o que prometen estes tres titiriteiros en “Contaloucos” que se poderá ver o domingo, 4 de xaneiro, no Multiusos de Chapela a partir das 18.30 horas e á mesma hora o dez de xaneiro no Centro Recretativo de Redondela. Os redondeláns comezan o 2015 con moita ilusión e traballando na versión en castelán do seu espectáculo“A Casa do Avó” pensando no público de fóra de Galicia a onde pretende levar esta obra neste 2015.

Miguel Borines "Contaloucos"
Cóntanos de onde xurde a obra e o que poderemos ver
Tanxarina 2015
Proxectos nos que traballarán este ano

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará