Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán en tren e recibirán aos pequenos no Multiusos de Arcade aos que agasallarán con doces, xoguetes e o libro “Os bolechas en Soutomaior” ás 17.30 horas. Previamente actuará a Compañía Bicharracos que presentará a súa obra Croa.
As súas Maxestades de Oriente chegarán a Soutomaior en tren á estación de Arcade onde serán recibidos polo rexedor local, Agustín Reguera, que os acompañará no seu saúdo aos veciños no Multiusos a partir das 17.30 horas. Os Reis chegarán cargados de agasallos, doces sen glute e libros, porque este ano premiarán aos máis pequenos cun exemplar de “Os bolexas en Soutomaior”. Un libro no que os irmáns creados por Pepe Carreiro percorren os lugares máis emblemáticos do municipio, como o Castelo de Soutomaior, o areal de Arcade, a ponte de Camboa, o río Verdugo ou o mirador Virxe da Peneda. A programación co gallo do día de Reis complétase coa actuación da Compañía Bicharracos que presentará a súa obra “Croa”. Unha viaxe fantástica que transmite valores como a igualdade, a solidariedade e o amor. Unha obra divertida, que esperta a curiosidade e imaxinación dos nenos que ademais participarán activamente na representación.