Os feitos producíronse na noite de fin de ano aínda que a detención tivo lugar o pasado mércores. O ferido tivo que ser atendido no centro de saúde xa que os cortes lle provocaron unha forte hemorraxia e as feridas precisaron de sutura. A moza de 19 anos de idade pasou a disposición xudicial como responsable dun delito de lesións.
Os feitos tiveron lugar na madrugada do 1 de xaneiro nunha discoteca de Redondela cando a moza derramou parte da súa consumición sobre un grupo de xente que se atopaba de festa.
Un dos afectados teríalle chamado a atención e de xeito repentino a agora detida tería estrelado o seu vaso contra a cara do mozo, causándolle diversos cortes e unha hemorraxia tendo que ser asistido no Centro de Saúde.
Logo de presentar a denuncia, iniciouse unha investigación que se saldou coa identificación da autora dos feitos que era detida na maña do mércores. A moza, que carecía de antecedentes policiais, pasou a disposición do xulgado de instrucción número 2 de Redondela.