A eurodeputada Ana Miranda trasladou aos mariñeiros da confraría de Cesantes que a Comisión Europea ten previsto excluír a arte de pesca artesanal do xeito da prohibición que afecta ás redes de deriva. Segundo explicou Miranda a decisión chega en resposta á visita organizada polo grupo nacionalista o pasado mes de decembro e que permitiu aos representantes do sector pesqueiro galego explicar en Bruxelas os efectos que podería ter esta prohibición nun sector vital da economía galega e defender que se permita o uso “dunha arte centenaria e respectuosa co medio mariño”.
A nacionalista criticou tamén que esta información en defensa do xeito non se tivera trasladado no seu día a Europa dende o goberno galego quen non emitiu ningún tipo de alegación en contra das pretensión da UE. Na reunión celebrada onte e onde se deron cita traballadores do sector, Ana Miranda lembrou outras frontes abertas na actualidade e que pasan por evitar que os fondos procedentes de Europa sexan destinados á “encher ás rías de plantas de acuicultura” porque segundo dixo “ese é o obxectivo da Xunta que quere así desfacerse do sector pesqueiro e marisqueiro por resultar incómodo”. Ante estes e outros perigos a eurodeputada aboga por amosar unión e poñer en marcha iniciativas sociais. Entre elas propuxo a elaboración dun manifesto en defensa do sector do mar para facer presión en Europa esixir que os posibles fondo que cheguen de Bruxelas sexan “repartidos xustamente”. A reunión celebrara na xornada de onte na Cada da Cultura contou coa presenza de mariñeiros pero tamén mariscadores e mariscadoras que amosaron a súa preocupación ante a mortaldade e diminución do marisco na rías. Dende o BNG de Redondela tanto Cecilia Pérez como Anxo Lusquiños salientaron que o noso concello converteuse nun dos abandeirados na loita en defensa do xeito.