Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detidos dous homes polo roubo de gasóleo dun camión en Negros

RR_Noticias

Un veciño de Redondela e outro de Tui foron detidos logo de seren sorprendidos cando tentaban subtraer o gasóleo dun camión. Os axentes da policía atoparon no coche dos detidos verías garrafas con combustible que poderían sumar ate catrocentos litros así como diversa ferramenta. A policía investiga agora se estes dous homes, aos que se lles imputa un delito de roubo con forza, poderían ser os responsables doutros catro roubos semellantes.

Os feitos aconteceron a primeira hora da noite do mércores logo de que unha persoa alertase da presenza dun vehículo circulando pola estrada de Santo Estevo de negros a unha velocidade moi reducida, Unha patrulla da policía dirixiuse ao lugar e, ao pasar por diante dunha empresa de autobuses viron un coche estacionado entre os remolques de varios camións. Ao achegárense descubriron a dous individuos que saíron correndo. Un dos camisón tiña o depósito forzado e no lugar había varias garrafas e mangueiras ocultas. No interior do coche atoparon máis garrafas e varias ferramentas para extraer o combustible e forzar os mecanismo antirroubo.
Os detidos tiñan antecedentes policiais por delitos semellantes. A investigación continúa aberta.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará