Unha celebracións que este ano serán máis cedo do habitual, con actividades principalmente o domingo 15 e o martes 17 de febreiro. As comparsas recibirán axudas que oscilan entre os 300 e os 500 euros dependendo do número de compoñentes e poderán optar a algún dos premios que concede a Concellería de Cultura. O prazo de inscrición remata o 9 de febreiro.
Este ano dende o Concello contan cun orzamento de 9.000 euros que se destinará a subvencionar e premiar as comparsas participantes. Así, as agrupacións formadas por máis de 80 compoñentes recibirán 500 euros, 400 percibirán as comparsas cuxo compoñentes sexan entre 56 e 80 persoas e con 300 euros se axudará a aquelas de entre 25 e 55 compoñentes.
Os premios oscilarán entre o 900 euros para a comparsa que quede en primeiro lugar e 600 e 300 para a segunda e terceira, respectivamente. Haberá ademais premios de menor contía para os grupos, parellas e mellor disfrace individual.
As comparsas deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario coma na súa actuación e en canto ás carrozas deberán ter unha altura máxima de 4,50 metros e un ancho máximo de 4,00 metros.
As comparsas que opten aos premios deberán inscribirse no rexistro xeral do Concello antes do 9 de Febreiro e para poder optar aos premios é imprescindible que as comparsas acompañen ao Entroido nos actos programados para o Domingo día 15, e que comezará coa concentración das comparsas as 17:00 horas no Campo da Feira, sendo ás 18:00 horas o inicio do desfile.