Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela perde habitantes pero mantense como segundo concello máis poboado da área viguesa

RR_Noticias

Os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística confirman o noso concello como o segundo máis poboado de toda a área metropolitana, só por detrás de Vigo.  Con todo Redondela constata unha tendencia á baixa no número de veciños que se mantén nos últimos anos. Así, no 2014 había censadas 29.909 persoas, cando cinco anos atrás a cifra superaba os 30.000 habitantes.

A cidade máis poboada de toda Galicia é Vigo con 294.997 habitantes, segundo so últimos datos feitos públicos polo INE. Unhas cifras que constatan que o segundo municipio da área metropolitana en poboación es Redondela con 29.909 censados en xaneiros de 2014, seguido de Cangas e Moaña.
O resto da nosa bisbarra hai que salientar a evolución en Soutomaior, concello no que a evolución é á alza. Hai censadas 7.356 persoas, duascentas máis que cinco anos atrás. Pola contra, en Fornelos e Pazos de Borbén continúa a sangría demográfica. Dúas localidades que ano tras ano van perdendo veciños. En Fornelos viven 1.784 persoas mentres que en Pazos hai censados 3.075 habitantes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará