O Choco rompeu coa súa serie de vitorias e frea a súa escalada na táboa clasificatoria ao caer derrotado ante o Silva por 0-1. Foi un encontro con moi pouco fútbol, sobre todo na primeira parte, e no que os visitantes se fixeron cos tres puntos nunha das súas escasas chegadas á portaría de Cortegoso.
Terceira División
Choco 0-1 Silva
O equipo de Jacobo Montes tivo moitos problemas para crear ocasións e no primeiro tempo non o logrou. Pola súa banda, o Silva, que tampouco amosou grandes virtudes, protestou unha xogada no área na que Cristian puido derribar a Carlos Rey. Uzal foi o único que xerou perigo cun puntapé que rexeitou Cortegoso. Tralo paso polos vestiarios e despois de mover o banco, Jacobo Montes provocou unha reacción no seu equipo, que tivo unha ocasión por medio de Yago Vázquez que rematou un saque de curruncho de Xosé Ramón e o esférico bateu no pau. A opción local chegou cinco minutos antes do gol de Miguel Leal, que aproveitou un balón colgado para tocar de cabeza e introducir ó esférico ó fondo da portería de Cortegoso. Silva tivo unha clara ocasión para o empate nun nun man a man no que superou a Yáñez, pero Carlos Rey rexeitou baixo paus. Non foi unha boa tarde para o Choco.
O equipo redondelán é agora 6º, na próxima xornada visita o campo do C.Areas, da parte baixa da táboa.
Segunda Autonómica
Choco B 2-2 Pereiró
O filial do Choco mantén a 3ª praza logo do empate diante do Pereiró. Na próxima xornada xogan no campo do Sta. Mariña, da parte baixa da clasificación.
Arcade 0-3 Vilaboa
O Arcade segue afundido na parte baixa da táboa logo da derrota diante do Vilaboa. Na próxima xornada xoga no campo do Bamio, situado un posto por baixo dos de Soutmaior.
Terceira Autonómica
Cesantes 2-0 Presqueiras
Dous goles desde o punto de penalti, os dous na segunda metade, déronlle o triunfo ao Cesantes ante o penúltimo clasificado. O Cesantes é agora 14º, e na próxima xornada visita o campo do Cerponzóns, da parte alta da clasificación.
Beretes Chapela 0-2 Chapela
O Chapela fíxose co derbi local e mantén a segunda posición na táboa, mentres o Peña Beretes segue afundido na parte baixa da clasificación.
Próxima xornada Balaídos-Beretes Chapela; Chapela-R. Casablanca.
Nespereira 0 -0 Vilar
O Vilar non foi quen de pasar do empate no campo do Nespereira nun partido sen goles. Agora os redondeláns son 5º, na próxima xornada reciben ao Covelo, da metade baixa da táboa.