Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Podemos Redondela perfila unha candidatura cidadá

RR_Noticias

Podemos Redondela está xa en activo. Luisa Cayetano é unha das cabezas visibles dun proxecto político que está “en construcción” e que quere aglutinar a todas aquelas persoas que desexan participar da política de forma activa. Malia que Podemos non se vai presentar as eleccións municipais como tal, non desbotan coordinar ou liderar unha lista de candidatura cidadá “plural e con representacións parroquial”.

Logo de constituírse o pasado 22 de novembro, o círculo de Podemos en Redondela están a xuntarse periodicamente en diversos locais e cafeterías do concello e día tras día van sumando veciñanza de diferentes parroquias que se achega a formar parte do proxecto. Así o salienta Luísa Cayetano quen destaca o elevado número de mulleres que a día de hoxe están xa a traballar en Podemos e insiste en que non é necesario cumprir ningún requisito para sumarse ao proxecto “tan só querer participar dunha forma activa na política” e co obxectivo de que a soberanía volva á cidadanía e o desexo de loitar  porque se manteñan e recuperen as políticas sociais. Afirma que un dos grandes éxitos da formación estriba no feito de que están a aglutinar a xente moi distinta “incluso a moitos votantes que no seu día o foron do PP”. Podemos Redondela ten previsto realizar en breve unha presentación oficial na vila cunha charla de carácter informativo.  

Luisa Cayetano Podemos Redondela
Non desbotan liderar unha candidatura cidadá ás municipais
Dar cabida a todos
Animan aos veciños a participar do proxecto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará