Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fomento prohibirá o tráfico pesado pola N-550 ao seu paso por Redondela

RR_Noticias

O Ministerio de Fomento quere reducir o tráfico pesado nas vías convencionais. Con ese obxectivo estudan a posibilidade de prohibir a circulación de camións por diferentes estradas nacionais de Galicia, entre elas a N-550 que atravesa o noso concello. Unha medida que beneficiaría as parroquias de O Viso, Cesantes, Redondela, Quintela e Saxamonde.

Os 54 quilómetros da N-550 entre Pontevedra e O Porriño beneficiaríanse da medida do Ministerio de Fomento que prevé o veto do tráfico pesado por diferentes tramos desta estada convencional. En contrapartida, os camións beneficiaranse dunha rebaixa de ata o 50% na autoestrada AP-9.
A medida está pendente de que tanto as organizacións de transportistas como as propias concesionarias das autoestradas a acepten. No caso de que finalmente se leve á práctica os camións deberán desprazarse por esas vías eliminándose así o tráfico pesado por estradas que presentan unha gran intensidade e unha alta siniestralidade. Ese é o caso da N-550 ao seu paso polo noso concello, Unha vía que entra por Soutoxuste e atravesa s parroquia de Cesantes, Redondela, Quintela e Saxamonde en dirección ao Porriño.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará