Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rita Otero terá a súa rúa

RR_Noticias

A proposta da Fundación Filomena Rivero saíu adiante grazas aos votos a favor de PP e PSOE quen apoiaron que se lle dedique á que fora esposa do industrial José Regojo un espazo público que estaría ubicado no treito da rúa Padre Sarmiento, fronte ao Pazo de Petan. BNG e AER argumentaron o seu voto en contra por entender que “non ten sentido premiar a caridade cristiá dende unha administración”. Salientaron tamén a existencia doutras mulleres que loitaron pola liberdade e que carecen de recoñecemento algún en referencia ás veciñas de Redondela que apoiaron aos presos de San Simón.

A proposta foi defendida polo PP, quen a través do concelleiro de interior, Arturo González, asegurou que foi Rita Otero quen animou a José Regojo a traer esta industria téxtil ao noso concello hai 85 anos, mérito que lle valera tamén a Rita Otero a ser elixida persoeira do ano 2014. Precismente o feito de que xa tivera este recoñecemento o ano pasado xustifica, ao entender do socialista Leonardo Cabaleiro, que se lle dedique unha rúa no centro urbano. Dende o BNG cualificaban de “insultante” que dende unha institución civil como é un concello se premie a caridade cristiá. Unha postura que lle afearon especilamente aos socialistas, un partido que segundo dixo Cecilia Pérez Orge “se declara de esquerdas e laico”. O edil de AER, Alfonso Blanco argumentaba o seu voto en contra da proposta lembrando ás moitas mulleres que apoiaron e axudaron aos presos de San Simón e as que non se lles ten feito ningún recoñecemento.  

Arturo González PP
Explica os motivos que os levan a apoiar a proposta da Fundación
Leonardo Cabaleiro PSOE
Os socialistas entenden que a proposta conta con apoios suficientes
Cecilia Pérez BNG
Unha decisión que os naionalistas entenden insultantte
Alfonso Blanco AER
Critican que non se lle dedique unha rúa a outras mulleres

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará