Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela e comarca suman 69 parados en xaneiro

RR_Noticias

Logo de varios meses de moderado descenso, o incremento experimentado en decembro e os novos parados inscritos no pasado mes deixan en Redondela 2.720 persoas desempregadas, unha lista que regresa ás cifras do verán. A tendencia é a mesma en toda a bisbarra, sendo Soutomaior onde máis se incrementa o número de parados, con 33 novos desempregados.

Redondela sumou no mes de xaneiro 26 parados, co que o desemprego rexistrado regresa ás cifras de xuño e sitúase en 2.720 persoas. O sector servizos é o que concentra a maior porcentaxe de inscritos nas listas con 1.605 persoas en total seguido pola industrial con 540 persoas buscando emprego nese sector.
Con todo, é Soutomaior o concello da bisbarra que peor comportamento experimentou o pasado mes con 33 novos inscritos nas listas feitas públicas onte pola Consellería de Traballo. Un municipio onte o sector servizo, e máis concretamente a hostalaría, supón o seu nicho de emprego, precisamente é nese sector onde se atopan a maior parte dos parados con 587 persoas do total que ascende a 895.
Incremento tamén en Fornelos de Montes con 210 parados, nove máis que no mes anterior e 443 en Pazos de Borbén, un inscrito máis respecto de decembro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará