A casa da Cultura acolle este sábado o acto de presentación de Podemos ás 12:00 horas. Un acto no que estarán presentes membros da formación recen constituída no noso concello e no que se procederá a lectura do manifesto: “Xuntemos Redondela”
A continuación haberá unha charla sobre “O gran negocio dos animais abandonados” a cargo da voceira do colectivo Gato Pirata, Ana Vidal.
Logo de constituírse o pasado 22 de novembro, o círculo de Podemos en Redondela conta xa cun total de 300 afiliados e día tras día, segundo explica unha das súas cabezas visibles, Luisa Cayetano “van sumando veciñanza de diferentes parroquias que se achega a formar parte do proxecto”.
O acto de mañá ten por obxecto darse a coñecer e trasladar aos veciños os seus principios recollidos no manifesto “Xuntemos Redondela”.