Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A comparsa “Sete noivas para sete irmáns” faise co primeiro premio do entroido

RR_Noticias

Un desfile multitudinario tanto polonúmero de participantes, con 17 comparsas nas rúas, como pola presenza de público que non quixo perder a festa e ateigou o casco urbano de Redondela. A comparsa Cor Café cunha recreación do mítico musical western fíxose co primeiro premio dotado con 900 euros. O segundo premio (600 euros) foi para a Comparsa Revolución Show de Tomiño con “Fantasía exipcia”. E o terceiro dotado con trescentos euros foi para a SCD Atlántida Matama ” Priscila raiña do deserto”.

A tarde ameazaba chuvia, pero iso non impediu que centos de persoas se achegaran ao casco urbano para gozar do entroido e ver as 17 comparsas que desfilaron polas rúas do centro. Un desfile que se prolongou ata as nove da noite e que converteu o centro da vila nun continuo ir e vir de nenos e maiores ataviados de todos os xeitos e cores. Comparsas moi elaboradas nas que non faltaban as carrozas, a música e as coreografía. Sería unha formación de Redondela, Cor Café, a que se levaría o premio cunha recreación do musical Sete noivas para sete irmáns, traxes do oeste precedidos polas tradicionais carretas que identificamos cunha época que recoñecemos grazas ao cine.
Malia todo será mañá cando Redondela viva o Entroido máis participativo con actividades xa para os máis pequenos a partir das 16:30 horas con obradoiros de máscaras, maquillaxe e globoflexia na Praza da Constitución e actuación da orquestra infantil Las Pamisuky.
A música dos Charamujas porá tamén ritmo a unha tarde na que todos os que vaian disfrazados poderán tamén recibir algún premio dentro do concurso de disfraces que organiza o concello. A xornada continuará co espectáculo da queima do Meco a partir das 19:30 e a actuación da orquestra Solara na praza de Ribadavia.
Na vindeira semana a programación desprazarase a Chapela con actividades para os nenos o venres e Enterro do berete o sábado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará