“60.000 ollos miran mellor que 100”, con ese lema o PSOE de Redondela pon en marcha unha campaña orientada a recoller as propostas da veciñanza e incluílas no programa electoral de cara as vindeiras eleccións do mes de maio. A acción máis novidosa consistirá no reparto de 5.000 enquisas polos domicilios que de xeito gratuíto e completamente anónimo os interesados poderán remitir por correo coas súas suxestións.
Os socialistas están a desenvolver unha precampaña baseada en tres eixos fundamentarías, as reunións con colectivos que están a realiza con diversas asociacións dende o pasado mes de xaneiro e que manterán nas vindeiras semanas, unha campaña vía web a travé de correo electrónico, facebook e twitter aproveitando a proximidade que dan as novas tecnoloxías e por último a realización de enquisas directas. É este o punto máis novidoso da campaña e consistirán en distribuír polas distintas casas do municipio de Redondela unha enquisa, que será gratuíta e totalmente anónima. Esta enquisa poderá depositarse en calquera caixa de correos sen custo para a veciñanza. Explica o candidato socialistas Eduardo Reguera que “temos claro que as propostas que se inclúan no noso programa-contrato para as vindeiras eleccións teñen que recoller as necesidades reais do municipio e, para logralo, é imprescindible coñecer as inquedanzas de toda a veciñanza” Reguera amosa tamén o seu convencemento de que o partido que lidera obterá bos resultados nos vindeiros comicios “porque así nolo están facendo saber os veciños cos que nos reunimos, molestos polo abandono ao que o PP está sometendo as parroquias no últimos catro anos”.