A Casa do Pobo de Lourido acolle este venres ás 20:30 horas unha charla-coloquio organizada polo BNG baixo o título “A compostaxe, boa para o monte, boa para tod@s”. Intervirán o concelleiro e candidato á alcaldía, Manu Lourenzo e Fernando Malvar, Enxeñeiro Forestal e membro da asociación ecoloxista ADEGA.
Dende o BNG defenden a compostaxe como o método máis ecolóxico e máis beneficioso socialmente para a reciclaxe dos residuos orgánicos. Neste sentido vén tamén de presentar unha moción no concello de Soutomaior para que se adhira ao plano de compostaxe de residuos que está a poñer en marcha a Deputación e o Concello de Pontevedra. Anima aos veciños a achegarse a esta charla na que se explicarán en que consiste a compostaxe e as avantaxes que ten para a cidadanía e o medio ambiente.