Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP creará unha comisión informativa para o seguimento do PXOM

RR_Noticias

O goberno local levará ao próximo pleno unha proposta de creación dunha comisión informativa especial para o estudo e seguimento de elaboración do Plan Xeral de Ordenación Urbana. Unha iniciativa que chega logo de que o pasado 29 de xaneiro se aprobase a adxudicación da redacción do PXOM ao estudio catalán Jornet Llop Pastor por un importes de 475.000 euros.

Javier Bas considera que para fixar as pautas correspondentes á elaboración e seguimento do plan é axeitado crear unha Comisión informativa especial para o seu seguimento. Unha iniciativa que pasou xa pola Comisión de Interior e que previsiblemente será aprobada no pleno ordinario correspondentes a este mes de febreiro. A comisión, na que estarán presentes todos os partidos político con representación municipal, estará presidida polo alcalde.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará