Un encontro que se ven desenvolvendo nas últimas semanas no Multiusos da Xunqueira e que chega hoxe ao seu remate coa actuación dos magos Sergio Sienes, Eloy Mateos e Román García. Unha actividade de balde o venres 20 ás 21:00 horas.
A programación do IV encontro Búrbida máxica chega hoxe ao seu remate con tres novas actuacións que se desenvolverán en paralelo no Multiusos da Xunqueira e no que poderán participar todos os que o desexen completamente de balde. Os espectáculos previstos achegarán número de micromaxia co vigués Sergio Sienes, un espectáculo de jazzmagic, no que música e maxia van da man a cargo de Eloy Mateos e por último a maxia de salón de Román García. A entrada é de balde para todas as funcións e está orientada ao público en xeral, incluídos tamén os máis pequenos.