Redondela, Campito e Arealonga viviron esta fin de semana unha xornada de triunfos nos seus respectivos compromisos ligueiros. O RedondelaFS superou ao Baiña nun partido disputado na bomboneira e que rematou cun apertado 3-2. O Campito tróuxose os tres puntos do campo do Moaña logo de vencer o encontro cun contundente 4-9. O outro equipo de Chapela, o Arealonga tamén superou ao seu rival, o Castroverde, nun encontro que rematou co resultado de 1-2.
O RedondelaFS viviu esta fin de semana unha xornada de celebracións na bomboneira
As gradas tinguíronse de azul e amarelo para antes do quecemento dos equipos, facer as fotos oficiais da temporada do Redondela FS e Casa Paco. O concelleiro de deportes Jesús Crespo acompañou a ambos equipos, facendo de anfitrión no saque de honra do benxamín Edu, subcampión de España de seleccións autonómicas.
Partido igualado na primeira parte para xa na segunda metade comezar a fraquear as forzas do Baiña FS. O Redondela mandou no encontro, pero non foi capaz de aumentar a renda no marcador e acabou propiciando unha final de infarto, xa que a pouco máis de catro minutos ambos equipos estaban empatados a dous tantos. Dani marcaría o definitivo 3-2.
Os homes de Mougán sitúanse na 4 praza do grupo, posición que deberán defender ante un rival directo na vindeira semana, cando se desprazan ao campo do Tui Futsal.
Pola súa banda o Campito acadaba unha importante vitoria na súa visita ao Morrazo, xogaban no campo do Moaña, un partido que remataba co resultado de 4-9. Na vindeira semana reciben ao Cereixa, quinto da categoría
Xa na Autonómica Norte o Arealonga vencía tamén fora da casa. 1-2 foi o resultado do partido que disputou no campo do Castroverde. Na vindeira fin de semana xogan en Chapela, son sextos do grupo e reciben ao Jagofán situado na décima praza.