Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

BNG e AER solicitan a Teresa París que explique en pleno a situación dos grupos de teatro

RR_Noticias

A decisión do alumnado dos grupos de dinamización teatral que se viñan desenvolvendo en diferentes parroquias de Redondela de darse de baixa en bloque por discrepancias coa responsable política da actividade levan a que tanto o BNG como a Agrupación de Electores soliciten a comparecencia da concelleira de Servizos Sociais no pleno do vindeiro xoves.

Dende o BNG aseguran que “a concelleira , co coñecemento do alcalde, pretendeu en todo momento impoñer a súa vontade, mesmo ameazando con que sería unha empresa a que se podería encargar de desenvolver a actividade” motivo polo que solicitan que a edil Teresa París “dea as explicacións pertinentes sobre as dúbidas e cuestións que rodean este asunto”. O Bloque entende que a desaparición destes grupos de dinamización teatral son “froito da mala xestión do goberno municipal, no conxunto da actividade cultural e participativa de Redondela, polo que deben dar publicamente explicacións de todo o proceso”.
Pola súa banda, AER solicita datos referentes a esta actividade como os gastos e ingresos, e concretamente os ingresos rexistrados por parte do alumnado, o custe do profesorado e as subvencións recibidas para esta actividade.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará