Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os promotores de Canabal irromperán na campaña electoral para esixir a recalificación dos terreos

RR_Noticias

Os responsables da sociedade Unión Comercial de Redondela promotora da construcción dun centro comercial na finca de Canabal en Vilavella preparan un programa de actos para facerse visibles en campaña electoral e reclamar que se aprobe unha modificación puntual das normas subsidiarias que permita seguir adiante co seu proxecto. Amosan a súa incredulidade logo de que o goberno descartase levar a pleno unha moción neste sentido. Esperan unha información oficial do concello para denunciar o caso nos xulgados.

Os promotores do proxecto urbanístico de Canabal faranse notar na campaña electoral. Así o adiantou nos nosos micrófonos José Antonio Gómez quen anuncia que xa encargou a unha empresa funeraria un ataúde que lle servirá para denunciar a situación na que se atopan os empresarios que conforman a Unión Comercial de Redondela. “Estamos ao bordo da ruína e da morte económica pola reiterada negativa dos diferentes gobernos de aprobar a recalificación duns terreos que nos mercamos no 2003 con ese compromiso” explica Gómez quen entende que hai “algo máis que intereses partidistas” para non sacar adiante o proxecto. Apunta a posibles “proxectos paralelos”. Amosa a súa sorpresa logo de que AER fixera público que unha moción que presentaron os promotores do proxecto non vai ser debatida en pleno porque así se decidiu en xunta de voceiros, “non entendemos que sexan catro persoas a porta pechada quen decidan sobre este tema e se nos negue a nós e aos veciños o debate público dunha iniciativa que nos interesa a todos”. A Unión Comercial mantén a súa decisión de acudir aos xulgados “serán os tribunais quen decidan se fomos estafados e quen foron os estafadores”. Explica Gómez que darán ese paso en canto se lles comunique formalmente dende o concello que esta cuestión non vai ser debatida no pleno.    

José Antonio Gómez Unión Comercial Redondela
Un ataúde para denunciar a situación económica pola que atravesan
Debate en pleno
Critican a negativa do goberno a levar a pleno aunha moción que eles presentaron
Acudir aos xulgados
Será a xustiza a última en falar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará