Hoxe é Xoves 26 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

16.000 euros para reparar a cuberta do patio do Colexio de Laredo en Chapela

RR_Noticias

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, informou esta mañá nunha visita ao centro educativo que as obras acaban de ser adxudicadas e comezarán nas vindeiras semanas. A actuación consistirá na reforma da cuberta do patio e dos vestiarios cun investimento que chega case aos 16.000 euros a cargo da Consellería de Cultura e contan cun prazo de execución de 45 días.

Acompañada polo alcalde de Redondela, Javier Bas, o director do centro educativo, Abraham Domínguez, e o xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, César Pérez Ares, Bravo Bosch percorreu as instalacións do colexio e coñeceu pormenorizadamente a actuación que se vai a levar a cabo de forma inmediata.
As obras que segundo dixo “comezarán nas vindeiras semanas” contan cun prazo de execución de 45 días e foron adxudicadas a finais do mes de febreiro á empresa Cubiertas P.Galicia, S.L.U. Consistirán na reforma da cuberta de patio e vestiarios. O obxectivo é arranxar as filtración de augas que “co paso do tempo e os cambios habidos na climatoloxía afectaban a cuberta do patio e aos vestiarios, facendo o seu uso perigoso pola comunidade educativa”. Deste xeito, coa nova cuberta conseguirase máis illamento, máis seguridade e tamén se alixeira o peso da estrutura.
O CEIP Laredo de Chapela conta con 146 alumnos e alumnas e, nos últimos anos, a Consellería de Educación investiu máis de 50.000 euros en distintas melloras da infraestrutura educativa tales coma reformas na fontanería, na instalación eléctrica, entre outras.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará