Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Descende o número de desempregados rexistrados en Redondela

RR_Noticias

Foron un total de 38 as persoas que atoparon traballo no último mes no noso concello segundo os datos da Consellería de Traballo ata quedarse en 2.682 parados. Igual comportamento atopamos no concello de Soutomaior onde se deron de baixa 18 veciños. En Pazos de Borbén o mes de febreiro terminou co mesmo número de persoas desempregadas que en xaneiro, mentres que en Fornelos de Montes foron 7 novos veciños os que se quedaron en paro, sendo actualmente 217 os que se atopan nesta situación.

Logo de arrancar o ano cun incremento notable do paro en toda a comarca, cun aumento no número de parados en todos os concellos no mes de xaneiro, parece que o segundo mes do ano quere corrixir esta tendencia. De feito, no pasado mes tan só o concello de Fornelos experimentou un incremento no número de veciños en situación de busca de emprego, mentres que tanto Redondela como Soutomaior experimenta baixadas, no primeiro caso cun descenso de 38 persoas  ata quedarse en 2.682 o número de parados inscritos, no segundo a diminución foi menor, 18 persoas menos que deixan un cómputo total de 877 desempregados en Soutomaior. Pola súa banda, Pazos de Borbén mantense estable con 443 desempregados.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará