A Pizzería Bos Aires organiza este xoves día 5 ás 16:00 horas unha demostración de arte co café con leite ou “Latte art”, un técnica que permite decorar a superficie do café con diferentes figuras elaboradas coa escuma. A encargada da demostración será unha das mellores baristas de España, Sofía Prieto, quen achegará tamén aos asistentes outras curiosidades en torno cultivo e elaboración do café.
Recoñecida como unha das mellores baristas de España, Sofía Prieto chega a Redondela para trasladarlle aos clientes da cafetería Pizzería Bos Aires os secretos dun bo café. Asegura que o público é cada vez máis esixente e pide cafés de alta calidade. Por ese motivo, moitos bares intentan distinguirse da competencia ofrecendo un mellor produto. Ademais de poder gozar cunha degustacións de café, Sofía Prieto fará unha demostración de café con arte, unha técnica que sorprende aos clientes pola súa vistosidade pero que require “de moita formación previa, moita constancia e moita práctica”.