Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Balonmán Castro Chapela recibe ao Luceros “sen marxe de erro”

RR_Noticias

A derrota da pasada fin de semana en Coia deixa ao equipo de Fran Teixeira na cuarta posición da táboa, a un punto da segunda praza, que permite xogar a fase de ascenso. Restan oito xornadas e o técnico non dá o obxectivo por perdido, pero é consciente das dificultades e de que o equipo xa non ten ningún marxe de erro.

Co Cisne xa case como virtual campión de liga, a disputa é pola segunda praza, que agora pertence ao At. Novás, que con 34 puntos está empatado co Magope Seis do Nadal, que é terceiro. Xunto co equipo de Chapela, tamén con 33 puntos, está a SAR, e por detrás o Calvo Xiria, con 31. Todos están na pelexa por optar aos “play off”, que se prevé dura ata o final de liga. Os demais equipos, agás os que pelexan permanencia, están no ecuador da clasificación e sen un obxectivo. Matematicamente salvados, e sen opcións de chegar á cabeza da táboa, está precisamente o próximo rival do Castro Chapela, o Luceros. Os de Cangas, con 20 puntos, son novenos na táboa e xa non pelexan por nada. Pero para Teixeira son un rival “imprevisible”, xa que é imposible saber con que xogadores saltarán á pista, ao poder contar con efectivos do primeiro equipo. No partido de ida gañaron no Morrazo, e agora en Chapela queren devolverlle a moeda. Os redondeláns precisan os puntos para seguir optando ás prazas da fase de ascenso. O encontro será o sábado ás 18.30 horas no pavillón municipal de Chapela.  

Fran Teixeira adestrador
En Chapela pelexarán ata o final de liga por entrar na fase de ascenso.
Castro Chapela – Luceros
Partido imprevisible segundo Teixeira porque os de Cangas poden convocar xogadores do primeiro equipo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará