Fin de semana de éxito para o balonmán local que volveu deixar dúas vitorias nas súas respectivas cita. O Construcciones Castro non perdoou ao Luceros e venceu nun partido que rematou co resultado de 34-25. Vitoria tamén para a SAR nun encontro ante Las 5 Jotas no que os de Redondela foron superiores dende o inicio e que rematou cun contundente marcador de 23-33.
Os vigueses, situados nos postos baixos da táboa, aguantaron tan só os primeiros quince minutos de partido pero no descanso os de Redondela manexaban xa unha vantaxe de sete goles. Un marcador a favor da SAR que iría en aumento ata chegar ao definitivo 23-33. Dende a quinta praza da primeira nacional a SAR ten a posibilidade de afianzarse nos postos de cabeza na vindeira fin de semana. Xogan na casa e reciben ao pechacancelas, o Poio.
O Contrucciones Catro pola súa banda segue na luita por escalar postos. Agora son cuartos pero a tan só un punto dos segundo e terceiro na categoría. Esta fin de semana lograban unha nova vitoria nun partido disputado no pavillón de Chapela ante o Luceros. Un inicio de partido igualado no que os de Chapela se foron facendo coa pista ata facerse co encontro e vencer por un claro 34-25. Na vindeira semana teñen unha cita difícil, xogan no campo do líder, o Cisne.