A Agrupación de Electores critican que a exposición dedicada ás mulleres e á loita polos seus dereitos que estaba programada do 2 ao 31 de marzo se pospuxese para poñer a que actualmente ocupa as dúas salas do multiusos da Xunqueira e que leva pro título El Ejército del aire. Una visión histórica”.
Explican dende AER que a exposición organizada pola Concellería de Servizos sociais e igualdade e que estaba encadrada dentro da celebración do día da Muller estaba previsto que se inaugurara o pasado día 2 de marzo pero que foi adiada para inaugurar outra mostra do Ministerio de defensa que “fomenta o militarismo e onde están representados varios golpistas, responsables directos e indirectos de milleiros de mortes”.
Unha substitución que entenden non era “nin necesaria nin oportuna”.