O poeta experimental José Carlos Velázquez explora o sentido crítico coa situación política e social na súa intervención que se poderá visitar ata o vindeiro 27 de marzo nesa galería tan particular que se atopa na fachada do bar Discotasca na rúa Pai Crespo.
“Juguetes la patraña” e o título da segunda intervención non espazo artístico Mínima Expresión. Trátase dunha instalación do poeta José Carlos Velázquez e LaCaNaLLa Extraoficial realizada en exclusiva para este lugar e na que se expoñen unha serie de xoguetes manipulados polo autor para darlles un sentido crítico. Un xeito de “explorar a realidade e experimentar, dramatizar e ironizar coa situación política, amoral e asocial que padecemos” pero sempre con moito humor, segundo explica o seu autor. Precisamente o feito de esbozar un sorriso ao asomarse a esta pequena fiestra artística é o motivo que esgrime o autor para recomendar aos veciños a achegarse ao lugar.