Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

No aire 400.000 euros dos fondos europeos por non acometer as obras do Marisma Máis

RR_Noticias

Unha achega económica dos fondos Feder que estaba previsto investir en obras que non se van realizar como o Centro de Día de Trasmañó, o embarcadoiro de Chapela e a recuperación do entorno da Torre de Rande podería perderse logo de rexeitar o pleno unha reestruturación do proxecto Marisma Máis. A proposta do goberno local pasaba por solicitar que eses cartos se puidesen investir noutras actuacións xa en marcha como o pavillón de A Marisma. Os grupos da oposición rexeitaron trasladar esas partidas e tacharon ao PP de “irresponsables” por non acometer as obras previstas e solicitar un cambio no proxecto “a tres días de que remate o prazo”.

A pretensión do PP chocou de fronte cos posicionamentos de AER, BNG e PSOE. O socialista Eduardo Reguera aseguraba que “o PP recibiu un plan consensuado e en marcha e non foron quen de sacalo adiante, presentando unha restruturación das partidas a tan só tres días de rematar o prazo. Acusaba ao alcalde Javier bas de apostar por “proxecto megalómanos” e renunciar a “actuacións imprescindibles”. NO mesmo sentido se manifestaba a nacionalistas Cecilia Pérez. Dende o BNG acusan ao PP de renunciar dende o primeiro momento a facer o Centro de día de Trasmañó tal e como estaba previsto no proxecto inicial polas pretensión do goberno local “de querer pasar a historia polas grandes infraestruturas”. Insistía Pérz Orge que “en ningún caso aceptaremos no Bloque que eses cartos que deberían investirse nunha infraestrutura de carácter social se destinen a un gran complexo deportivo de A marisma no se que xa se van investir máis de dous millósn de euros” O edil da agrupación de Electores, Alfonso Blanco asegurou que a súa formación “non vai apoiar a mala xestión do goberno” e pediu que o punto fose retirado da orde do día. Unha petición que os populares non atenderon. Finalmente, logo de que a concelleira de Facenda Ana Alonso acusara a oposición de “regalar eses 400.000 euros a Europa” a petición do goberno local foi rexeitada.  

Ana Alonso PP
Explica cal é o cambio que se quere facer no proxecto
Eduardo Reguera PSOE
Critican que se espere ao último momento para facer esta petición
Cecilia Pérez BNG
Os nacionalsitas non queren participar da renuncia ao centro de día
Alfonso Blanco AER
Solicitan que o punto quede fóra da orde do día
Críticas do PP
Aseguran non entender que se lle regalen eses 400.000 euros a Europa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará