Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER denuncia a falta de estudos mediambientais nas obras do muro da praia

RR_Noticias

Cualifican a actuación de “arriscada” por non existiren informes nin estudos sobre o seu impacto medioambiental “tanto no tema de conservación do areal como na posible influencia ao sector marisqueiro”. Lembran que o propio arquitecto municipal aconsellara “un paseo pilotado como mellor xeito de evitar a perda de area” que dende hai anos se ven producindo nesa praia. Por estes motivos reclaman que se paralicen as obras.

As críticas á obra de construcción dun muro na praia de Cesantes lonxe de amainar continúan. A Agrupación de electores posiciónase tamén en contra dunha actuación que segundo denuncian carece de estudos e informes que garantan que a obra non vai ter repercusións prexudiciais no litoral. Neste sentido critican dende AER que o goberno local se escude en que xa se realizaron dous consellos parroquiais para abordar esta cuestión, cando segundo explican en ningunha desas reunións nin o alcalde nin o enxeñeiro encargado da obra amosou estudo algún sobre a repercusión que o muro ía ter no areal ou no banco marisqueiro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará