O Construcciones Castro Chapela foi moi superior ao seu rival, o Promens Cañiza, nun partido disputado na parroquia redondelá e que rematou co resultado de 34-19. Xa no descanso os locais avantaxaban aos rivais por seis goles, diferenza que foi incrementándose ata chegar aos 15 tantos de vantaxe no final do partido.
Dende a cuarta praza do grupo, os de Chapela viaxan na vindeira semana ao campo do Granito, decimoterceiros da categoría.
Pola súa banda, a SAR mantense na quinta praza malia a derrota da fin de semana ante o Lalín. 31-22 resultado dun encontro que deixa aos de Redondela con poucos ánimos para afrontar na vindeira semana unha cita difícil, reciben ao segundo clasificado, o Atlético Novás.