Merecida derrota para o Redondela FS ante o Mondariz, así o entende o seu adestrador Julio Mougán quen cualifica de “pésimo encontro” o disputado na fin de semana polo Redondela FS. Un partido ante o Mondariz disputado na bomboneira no que os visitantes leváronse merecidamente os tres puntos cun resultado final de 2-5. Derrotas tamén para o Campito na súa visita ao campo do Lume Bamboo e para o Arealonga que caeu por 3-4 ante o Begonte.
O Redondela en ningún momento deu sensación de poder gañar o encontro, espesos en ataque, sen agresividade e intensidade defensiva, e o peor para o seu adestrador e a falta de motivación amosada no campo. O Mondariz cun xogo directo foi superior durante todo o encontro malia que non sería ata o final cando lograrían irse por diante no marcador. Partido que rematou cun contundente 2-5 a favor do Mondariz. Os de Redondela seguen no cuarto posto da clasificación e xogan na vindeira fin de semana no campo do Leis Marcón, equipo que se atopa no decimoquinto posto.
Na décima praza se atopa o Campito que perdeu tamén disputado no campo do Lume Bamboo. 3-2 foi o resultado do partido. Os de Chapela tentarán mellorar a súa situación na vindeira semana, xogan na cas e reciben a un rival directo, o decimosegundo clasificado, o Luar.
Na autonómica norte igual sorte correu o Arealonga, malia xogar na casa non puido co Begonte nun partido que rematou co resultado de 3-4. Na vindeira cita xogan no campo do quinto, o Arzúa.