Eduardo González Ricón, “Edu”, foi o protagonista na xornada de onte dunha homenaxe polos seus logros deportivos. Con tan só doce anos de idade ven de proclamarse subcampión de España de seleccións autonómicas. Uns logros que para o presidente do Redondela FS, Julio Mougán responden ao traballo particular do xogador pero son tamén un recoñecemento á aposta que dende o club se fai polas categorías base e polo traballo cos máis pequenos.
A selección galega benxamín, con Edu como capitán, proclamouse subcampioa de España logo de vencer ás tres seleccións contrincantes e facerse un oco nas semifinais. O rival dos galegos sería a selección andaluza, partido que venceron por 2-1, sendo Edu un dos protagonistas do encontro ao marcar un dos goles. Caeron derrotados na final disputada ante Castela A Mancha por 2-1. Uns logros que para o presidente do Redondela FS, Julio Mougán responden ao traballo particular do xogador pero son tamén un recoñecemento á aposta que dende o club se fai polas categorías base e polo traballo cos máis pequenos. “Un titulo que é un premio para Edu, un xogador que se atopa entre os doce mellores xogadores galegos, e é ademais un acicate para todos os que o rodean”. Precisamente ese traballo que o Redondela FS en particular e os clubs deportivos en xeral fan cos máis pequenos foi o que salientou na súa intervención o alcalde Javier Bas, quen lembrou que sen o traballo dos directivos e o apoio de pais e nais non sería posible que estes rapaces puidesen adestrar e competir. O concelleiro de deportes, Jesús Crespo, lembrou que logros como este serven para que o nome de Redondela chegue moi arriba.