Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños de Chapela esixen o arranxo e mellora do camiño da Traída

RR_Noticias

Fochancas e charcos converten este camiño nunha lameira segundo denuncian os residentes no lugar así como a Asociación de Veciños da parroquia, que ven de presentar unha solicitude no concello na que demandan que se proceda ao acondicionamento e asfaltado deste camiño no tramo entre Cidadelle e o Camiño da Rabexa.

O colectivo veciñal recolle esta demanda directamente dos afectados quen din sentirse abandonados polos responsables municipais. Lembran que dende hai anos veñen demandando que se proceda ao asfaltado deste camiño que sobre todo en días de chuvia, convértese nunha verdadeira lameira debido ás fochancas que presenta a estrada. A última das petición presentárona por rexistro o pasado 12 de marzo sen que teñan recibido resposta.
Dende a Asociación de Veciños de Chapela corroboran “o estado lamentable no que se atopa o camiño, con buracos de grandes dimensións cheos de auga e barro”. Unha lameira impropia de zonas urbanas que fai insalubre as vivendas pola entrada de barro dentro das casas e que ocasiona aos seus residente estado de ansiedade e impotencia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará