Bo encontro o disputado no Pavillón de Montecarrasco por ambos equipos, un Leis Marcón reforzado polos xogadores do primeiro equipo de categoría Nacional e un RedondelaFS que mereceu mellor sorte, xa que malia ofrecer mellor xogo que na xornada anterior volveu perder o encontro por 3-1. O Arealonga caía ante o Arzúa por 4-3 mentres que o Campito si lograba levarse os puntos en xogo logo de vender por 8-4 ao Luar.
Leis Marcón e Redondela FS loitaron pola posesión do esférico facendo os locais un único tiro a porta na primeira parte mentres os redondeláns terían un par de chegadas con perigo. Na segunda parte o Redondela acusou o cansazo, algo que beneficiou os locais, que nunha xogada de estratexia e nun contraataque poríanse cun 2-0. Joseillo daríalle emoción o encontro co 2-1 e xa co encontro rematado, un balón impulsado de campo a campo, entraría na portería visitante deixando o definitivo 3-1.
A competición na autonómica sur para ata o vindeiro 17 de abril e, á volta das vacacións, os de Redondela deberán defender a súa cuarta praza nunha visita ao campo do García Araujo, decimo primeiro da táboa.
Pola súa banda, o Campito lograba unha contundente vitoria ante o Luar. Partido disputado en Chapela que rematou co resultado de 8-4 a favor dos locais, que volverán xogar na casa na próxima cita, será co Leis Marcón.
Na autonómica norte. O Arealonga perdía pola mínima un encontro disputado no campo do Arzúa. 4-3 foi o resultado deste partido que deixa aos de Chapela na decimo primeira posición. Neste grupo a competición regresará o 11 de abril, o Chapela xogará na casa e recibirá ao quinto da categoría, o Bóveda magma.