Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Globos azuis no Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

RR_Noticias

O día 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo e dende a asociación redondelá Andaina promoven unha campaña de adornar as fiestras e fachadas de edificios públicos e domicilios privados con globos azuis. Un xeito de visibilizar un trastorno sobre o cal pesa moita incomprensión e descoñecemento.

Un xesto simbólico que se está a organizar en moitas poboacións e que no noso concello promove a Asociación de persoas con necesidades especiais Andaina, que ademais de animar aos veciños a colocar eses globos azuis promoven que se envíen fotografías dos mesmos ao seu facebook.
A xornada de mañá, día 2 de abril quere ser un día para dar a coñecer os trastornos do espectro autista e reivindicar un maior apoio social e institucional ás familias con algún membro autista.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará